A Asociación Cultural Xan de Arzúa convoca o Concurso de ambientación de fachadas 2020.
Ben sabido é por todos a parte histórica da Festa do Boi. A súa orixe remóntase a 1317, epoca medieval.
A participación cidadá na Festa do Boi é o eixe mais importante , dende a súa estrutura organizativa ao desenvolvemento de numerosas actividades non só culturais senón lúdicas.
O concurso contará con dúas modalidades, a modalidade medieval e a modalidade artística.
Na modalidade medieval, a fachada, balcón, portada que se decore deberá ser con motivos medievais, da época das orixes da Festa do Boi.
Na modalidade artística, será de estilo libre pero deberá contar con algún elemento relacionado ca festa como o pano do Boi, camisetas do Boi, un Boi, etc que decore a fachada, balcón, portada…
Deberán ser visibles as decoracións dende a rúa.
As ambientacións deberán estar listas o 6 de xuño e manterse expostas ata o 14 xuño, coincidindo ca datas na que se houbera celebrado a Festa do Boi 2020.
Repartiranse 6 vales para gastar no comercio e na hostalería local de Allariz, cada un por valor de 100€, tres para a modalidade medieval e outros tres para a modalidade artística.
O xurado estará composto por tres membros, da Asociación Cultural Xan de Arzúa, que serán os encargados de puntuar aos participantes no concurso.
Para participar deberás enviar un correo electrónico a festadoboi@allariz.com cos seguintes datos:
- Nome e apelidos.
- Dirección
- Número de teléfono de contacto.
A data límite para inscribirse será o 5 de xuño.
A resolución do concurso darase a coñecer na páxiña www.festadoboi.gal e no Facebook Festa do Boi o 20 de xuño.
Os gañadores dos vales terán de prazo para gastar o seu premio, entre o 20 de xuño e o 20 de setembro.