Actualizadas  e correxidas por erros o 02/12/2016

BASES CONCURSO CARTAZ ANUNCIADOR FESTA DO BOI 2017

A Asociación Cultural Xan de Arzúa convoca o concurso para a confección do cartel anunciador das FESTA DO BOI 2017, 700 anos de historia , de acordo coas seguintes BASES

  1. O tema será de libre elección, dentro dos motivos característicos do que se pretende anunciar: FESTA DO BOI 2017 Allariz, 10 a 18 de xuño.
  2. O cartel deberá estar confeccionado en sentido vertical e non excederá de 70 cm de alto e 50 cm de ancho, incluídas as marxes, se as tivese. A execución será libre, podéndose utilizar calquera técnica válida para a reprodución serigráfica.
  3. Os traballos deberán presentarse sen sinatura e montados nalgún tipo de soporte, na Casa da Cultura do Concello de Allariz, rúa O Castelo s/n, 32660, Allariz (Ourense).
  4. Establecese un único premio de cincocentos euros (500€), que poderá declararse deserto, se o xurado o considera oportuno. O autor do cartel gañador cederá os dereitos de reprodución e difusión de maneira exclusiva á Asociación Cultural Xan de Arzúa, para anunciar a festividade no ano correspondente á convocatoria.
  5. O prazo límite para todos os efectos de presentación rematará o día 16 de xaneiro de 2017, ás 14 horas.
  6. Cada cartel que se presente deberá achegar, nun sobre pechado os datos de identificación, domicilio e teléfono do autor/a, que só será aberto se resulta premiado.
  7. O xurado estará formado por persoas relacionadas co eido da cultura e actuará como secretaria, a secretaría da Asociación. O día 20 de xaneiro lerase a decisión do xurado na Casa da Cultura; unha vez emitido o veredicto, a súa decisión será inapelable.
  8. Todas as obras non premiadas formarán parte dunha exposición que organizará a Asociación despois do fallo do xurado. Unha vez rematada a exposición estas obras deberán ser retiradas no prazo de 20 días. Se no prazo indicado non se retiraron, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da Asociación Cultural Xan de Arzúa, quen poderá darlles o uso que considere oportuno.
  9. A participación neste concurso supón a aceptación de cada unha das presentes bases.