Bases do Sorteo “PRE-BOI 2026”
1. Obxecto do sorteo
O sorteo “PRE-BOI 2026” busca quentar motores para a Festa do Boi, premiando a quen xa loce o pano oficial e contribúe a encher as rúas de cor e tradición dende o principio.
2. Como participar
Toda persoa que merque o pano do Boi 2026 durante o xoves 2 e o venres 3 de abril recibirá unha rifa cun número. Cada pano mercado dá dereito a unha participación no sorteo.
3. Premios
Nesta edición sortearanse dous premios principais de impresión téxtil:
1º PREMIO: A impresión/serigrafía a dúas cores de ata un máximo de 30 camisetas.
2º PREMIO: A impresión/serigrafía a dúas cores de ata un máximo de 10 camisetas.
4. Sorteo e anuncio das persoas gañadoras
O sorteo será presencial e realizarase durante o evento PRE-BOI 2026, o venres 3 de abril ás 00:00h (na medianoite do venres ao sábado).
Aviso importante: É imprescindible estar presente nese momento para poder recoller o premio. En caso de que a persoa gañadora non estea no lugar, procederase a sortear de novo ese premio.
5. Requisitos para reclamar o premio
Será necesario presentar a rifa orixinal co número gañador. Sen ela, non se poderá reclamar o premio. A Organización acordará coas persoas gañadoras os detalles técnicos e os prazos para a impresión das camisetas.
6. Outras condicións
Participar implica aceptar estas bases.
Os premios non se poden trocar por cartos.
No caso de que a mesma persoa sexa seleccionada en varios sorteos, só poderá reclamar o primeiro premio que lle corresponda (na primeira papeleta que saira).
A organización poderá modificar calquera aspecto do sorteo se fose necesario, sempre comunicándoo con tempo.