1. Obxecto do sorteo
O sorteo “PRE-BOI 2025” é a mellor maneira de comezar a quentar motores para a Festa do Boi. Queremos ir meténdonos en ambiente e celebrar que cada vez falta menos para os días grandes.
A través deste sorteo, buscamos recoñecer e premiar a quen xa está a vivir o Boi con ganas, apostando polo pano oficial e enchendo as rúas de cor e festa dende o principio. Porque o Boi faise entre todas e todos, e cada pequeno xesto conta para manter viva a tradición.
2. Como participar
Toda persoa que merque o pano do Boi 2025 durante o xoves 17 e venres 18 de abril recibirá unha rifa/boleta cun número. Cada pano comprado dá dereito a unha participación no sorteo.
3. Premios
Entre todos os números repartidos sortearanse varios premios, destacando:
- 🎁 Vales de compra para a Tenda do Boi.
- 👕 GRAN PREMIO: a serigrafía das camisetas da “pandilla/grupo” gañadora (ata un máximo de 30 camisetas).
4. Sorteo e anuncio das persoas gañadoras
O sorteo será presencial e realizarase durante o evento PRE-BOI 2025, o venres 18 de abril ás 00:00h.
📍 Será imprescindible estar presente nese momento para poder recoller o premio.
En caso de que a persoa gañadora non estea presente, procederase a sortear de novo ese premio.
5. Requisitos para reclamar o premio
Será necesario presentar a rifa orixinal co número gañador. Sen ela, non se poderá reclamar o premio. A Organización acordará co grupo gañador do Gran Premio serigrafía das camisetas os detalles da impresión.
6. Outras condicións
- Participar implica aceptar estas bases.
- Os premios non se poden trocar por cartos.
- No caso de que a mesma persoa sexa seleccionada en varios sorteos, só poderá reclamar o primeiro premio que lle corresponda, é dicir na primeira papeleta que saira.
- A organización poderá modificar calquera aspecto do sorteo se fose necesario, sempre comunicándoo con tempo.
7. Protección de datos
Os datos que se poidan recoller para a entrega dos premios serán tratados de forma confidencial e conforme á normativa vixente.