Modelo de Solicitude de Participación

 

NORMAS DO MERCADO MEDIEVAL – FESTA DO BOI 2017

1.- DURACIÓN E HORARIOS:

O mercado terá lugar o domingo 11 de xuño de 2017 de 11.00 a 20.00 horas. A montaxe dos postos sería entre as 09.00 e 11.00 dese día e a desmontaxe realizarase a partir das 20.00 horas sendo necesario que este totalmente libre antes das 21.00 horas.

2.- INSCRICIÓN:

  1. Poderán participar no mercado todas aquelas persoas que realicen a solicitude en tempo e forma e cumpran os requisitos establecidos.
  2. No mercado medieval poderán participar os postos relacionados coa alimentación e traballos artesanais, e na súa selección terase en conta a orixinalidade, calidade, presentación e elaboración artesanal.
  3. Establecese como prazo para enviar a solicitude o día 20 de maio de 2.017. Ditas solicitudes presentaranse  a través de correo electrónico na  seguinte dirección: festadoboi@allariz.com.

  4. As inscricións deben enviarse coa documentación que a continuación se detalla, aquelas que non presenten a documentación requirida quedarán descartadas:
    – Modelo de Solicitude de Inscrición debidamente cumprimentado.
    – Fotografía dos produtos para traer. (En caso de non dispoñer da foto, detallar os produtos de venda).
  5. As persoas responsables dos postos serán tamén responsables da legalidade da súa xestión (actividade profesional, fiscalidade, contratación, seguridade e hixiene, montaxe, mantemento e funcionamento…)
  6. E de obrigado cumprimento para todos os posto do mercado admitidos ter un seguro de responsabilidade civil.

3.- MONTAXE :

O Mercado celebrarase na rúa Pepe Puga, no seguinte horario:

domingo 11 de xuño de 11:00 a 20.00

A descarga de material   levarase a cabo no menor tempo posible. Unha vez descargado o material o vehículo será retirado co fin de facilitar o labor aos compañeiros.

Os expositores comprométense a cumprir co horario que estableza a organización en canto a apertura e peche.

A organización pon a disposición do mercader un posto de madeira de 2.40m de longo por 0.90m de ancho e deberá ser montado por cada participante.

4.- DECORACIÓN E VESTIARIO:

É obrigatorio aos participantes no mercado que vaian permanecer nas paradas estean ataviados con vestimentas medievais, quedando prohibido a estas persoas a utilización de roupa de rúa.

Todos os postos deben presentar un aspecto medieval polo que a decoración das mesmas é fundamental.

5.- EXPOSICIÓN E VENDA:

  • A asignación de espazos corre a cargo da Organización de Mercado.
  • Os expositores non poderán ocupar maior espazo do solicitado e aprobado.
  • O participar en anteriores edicións non garante a participación nesta e a ocupación do mesmo lugar.
  • Todos os expositores comprométense a comercializar unicamente os produtos reflectidos na solicitude.
  • Manter a súa estancia no mesmo, desde a súa inauguración ata a súa clausura, debendo permanecer atendida a parada de forma ininterrompida durante a totalidade do horario de apertura do Mercado.
  • Contribuír co mantemento da orde e a limpeza das zonas comúns, debendo deixar a superficie ocupada a clausúraa do Mercado, nas mesmas condicións en que o atopou.

IMPORTANTE: O envío da inscrición do solicitante supón a aceptación de todos os puntos reflectidos nestas bases.

 Descargar as normas en PDF