A Asociación Cultural Xan de Arzúa ante a situación que se esta a vivir como consecuencia do COVID-19, quere realizar durante a semana do 6 ao 14 de xuño de 2020, datas na que se celebraría a Festa do Boi 2020 realizara algunhas actividades sobre todo utilizando as redes sociais das cales se vos irá informando segundo se acerca ditas datas.

Entre as actividades queremos convidar aos gremios participantes na Procesión do Xan de Árzua que tería lugar o domingo 7 de xuño de 2020 a participar no RECITAL DE TROBADORES COVID-19 da Festa do Boi.

Cada gremio que queira participar escollerá unha melodía musical e posteriormente adaptará unha letra con referencias á Festa do Boi, que será cantada polos membros de dito gremio e gravada en formato vídeo. Este vídeo non exceder de 3 minutos de duración.

Os vídeos dos gremios participantes:

Deberan ser entregados antes do día 4 de xuño ás 23:59.

As vías de comunicación para a inscrición serán o e-mail festadoboi@allariz.com

✗ Serán mostrados nas canles dixitais que posúe a Asociación Xan de Arzúa durante as datas que duraría a Festa.

✗ Establécense os seguintes premios:

Mellor canción do RECITAL DE TROBADORES COVID-19 2º premio á canción do RECITAL DE TROBADORES COVID-19 3º premio á canción do RECITAL DE TROBADORES COVID-19

✗ O Xurado de valorar estará formado:

  • Juan Antonio Seara Ferro, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa.
  • Martín Quintana, director da Procesión Xan de Arzúa.
  • 1 membro dos Toneleiros gremio gañador do Recital de Trobadores 2019.
  • Elena Rodríguez, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa.
  • 1 membro do gremio tripeiros como Correxedor de Honra 2020.

✗ O premios serán publicados o Domingo 14 de Xuño de 2020.

Asociación Cultural Xan de Arzúa