FESTA DO BOI 2016 – PROCESIÓN DO XAN DE ARZÚA  22 de maio de 2016

A PROCESIÓN DO XAN DE ARZÚA celebrarase o domingo 22 de maio, dende ás 12,00 h ate a hora de xantar; dará inicio no Eiró, e despois de percorrer o Casco Histórico de Allariz, rematará no Campo da Barreira ao carón do Mosteiro de Santa Clara.
Os gremios e personaxes participantes na Procesión do Xan de Arzúa deberán acudir vestidos de época, procurando evitar complementos non apropiados, así como calzado deportivo.

O XANTAR DOS GREMIOS terá lugar nunha carpa instalada no Campo da Barreira e, para ter acceso á mesma, deberase informar en tempo e forma á Comisión Histórica da Festa do Boi para prever o número de comensais e evitar problemas de espazo e/ou viandas. Os gremios participantes no xantar comunicarán a modalidade do seu menú cinco días antes da comida, facendo pre-reserva de comida ou levando viandas propias.

Convócase o VII CONCURSO DE SOBREMESAS DO BOI, sendo o produto principal deste ano O MEL.

Os Gremios presentarán á Comisión Histórica da Festa do Boi as súas sobremesas ao inicio do xantar, non haberá presentación oral. A deliberación do concurso terá lugar ao remate da comida. Establécense dous premios:
• Á mellor sobremesa do Boi 2016
• Ao mellor deseño de sobremesa

Convócase o VI RECITAL DE TROBADORES da Festa do Boi.
Cada gremio participante escollerá unha melodía musical e posteriormente adaptará unha letra con referencias á Festa do Boi, que será cantada polos membros de dito gremio ao remate do xantar dos Gremios.
Establécense os seguintes premios:
• Mellor canción do Boi 2016
• Mellor adaptación
• Mellor interpretación

Os gremios deberán facer a súa inscrición en calquera dos concursos, antes das 00,00 h do xoves 19 de maio.

Para elo, entregarán cuberta a ficha de inscrición, e no caso do Recital de Trobadores, tamén entregarán a melodía ou melodías utilizadas e a letra da canción.

As vías de comunicación para a inscrición serán :
O e-mail festadoboi@allariz.com
e/ou fisicamente no Centro de Promoción Económica, R / Portelo, 4 – 2º andar (Cristina Álvarez) en horario de 09,30 h a 14,00 h, de luns a venres.
O contacto para calquera consulta ou aclaración será

Elena Rguez.
Tfno: 660683227 – elena.robo@gmail.com

Comisión Histórica da Festa do Boi – Asociación Cultural Xan de Arzúa