O Paseo da Alameda incorporará, ademais dunha nova imaxe renovada no seu acceso, un novo elemento decorativo. Trátase dunha nova escultura en pedra dedicada ao boi realizada polo artista alaricano Emilio García Valenciano, que será inaugurada este sábado 3 de xuño.

A inauguración, organizada polo Concello e apoiada pola Asociación Xan de Arzúa e a Fundación Vicente Risco, é unha máis das iniciativas enmarcadas na programación da Festa do Boi de Allariz.

O acto terá lugar ás 19:30h e contará co acompañamento musical do grupo Ensemble Hotteterre e os músicos alaricanos Andrés González e Abraham Herrero.

ESTATUA-FESTA-DO-BOI1